Saturday 27 de April de 2024

Curso de Formación de Monitorado Astronómico Starlight da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo


Deu comezo ó Curso de Formación de Monitorado Astronómico Starlight da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo da man da Fundación Starlight e coa colaboración de Turismo da Deputación da Coruña e de Turismo de Galicia.

Esta formación intensiva de cinco xornadas polo noso territorio con formadores de primeiro nivel na materia é toda unha oportunidade para o noso destino, para os axentes turísticos e para crear novas experiencias de astroturismo nas Mariñas Coruñesas, operadas por empresas 100% certificadas na Marca de Calidade da Reserva de Biosfera.

Parabéns a todas e todos os participantes polo voso esforzo, ás entidades que nos apoian por facer posible a formación e por suposto á Fundación Starlight, polo seu compromiso de colaboración co Primeiro Destino de Ecoturismo certificado de Galicia.